Sunday 05 de May de 2024

O Concello iluminará mañá de cor laranxa a glorieta de Freixeiro con motivo do Día Nacional da Epilepsia


O Concello iluminará mañá de cor laranxa a glorieta de Freixeiro con motivo do Día Nacional da Epilepsia. Deste xeito o Consistorio naronés únese á campaña da Asociación Nacional de Persoas con Epilepsia-ANPE para visibilizar esa enfermidade, concienciando á sociedade e, ao tempo, normalizando esta doenza.

Así mesmo, dende o Concello difundiranse a través da páxina de Facebook a imaxe e o vídeo “Como actuar”, con información sobre que facer ante un caso dunha crise de epilepsia.
A citada asociación traballa dende hai anos en representar e defender os dereitos das persoas con epilepsia e as súas familias en España, incidindo en que “é o momento de que esas persoas atopen un lugar na sociedade, erradicando falsos mitos”.